Formalizado: PRIMEIRO: Adxudicar o contrato de CONCESIÓN DEMANIAL DE ESPAZO PÚBLICO DESTINADO Á ACTIVIDADE DE EXPLOTACIÓN DE DÚAS GASOLINEIRAS. LOTE 1: GASOLINEIRA ESTRADA DE MONDARIZ e LOTE 2: GASOLINEIRA ESTRADA DE AS NEVES, nas condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de cláusulas económicas-administrativas, a ENERGIA Y SERVICIOS PARA EL BIENESTAR Y LA MOVILIDAD VILALTA CORPORACIÓN S.A, por un importe de canon de 4,50 céntimos de euro en cada un dos lotes.
SEGUNDO: Publicar anuncio de adxudicación na plataforma de contratación e no taboleiro de anuncios municipal.
TERCEIRO: Notificar a ENERGIA Y SERVICIOS PARA EL BIENESTAR Y LA MOVILIDAD VILALTA CORPORACIÓN S.A a presente resolución e citalo para a firma do contrato que terá lugar dentro do prazo de quince días hábiles seguintes á data de recepción da notificación de adxudicación. Non se poderá formalizar o contrato mentres non se aboe o canon correspondente que se indica deseguido:
De conformidade coa cláusula 3ª prego de cláusulas que rexeu na licitación, a adxudicataria e para cada LOTE, dentro do prazo de 15 días hábiles seguintes á Notificación da Adxudicación Definitiva, aboará o importe correspondente a 2 anualidades da concesión de conformidade co canon ofertado (céntimos por litro) multiplicado por catro millóns de litros (a media anual de litros vendidos nos últimos anos por gasolineira é de dous millóns).
Este canon a pagar será regularizado, tanto á alza como á baixa, en función dos litros realmente vendidos pola concesionaria, unha vez que transcorra cada un dos anos. A regularización farase a través de ingreso ao Concello no caso de que os litros anuais vendidos superen os dous millóns ou a través de compensación no caso de que os litros vendidos non superen os dous millóns. A compensación suporá que no seguinte canon anual que teña que pagar o concesionario, a cantidade a abonar será inferior na contía equivalente pagada en exceso.
CUARTO: Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
QUINTO: Publicar anuncio de formalización dos contratos no Perfil do contratante no prazo non superior a quince días trala perfección do contrato e do contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
SEXTO: Comunicar ó Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos dos contratos incluíndo a identidade do adxudicatario, os importes de adxudicación, xunto co desglose correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
SÉTIMO: Dar traslado desta Resolución aos departamentos de Intervención e Tesourería.
Fecha adjudicación
04/07/2022
Importe
3.267.000,00 € - Baja (--81%)
Importe sin impuestos
2.700.000,00 € - Baja (--50%)
Identificador contrato
11119/21