Formalizado: Dada conta do expediente de contratación do contrato de limpeza de aseos en praias de Sanxenxo 2025 por procedemento aberto ordinario, logo da tramitación do mesmo, presentación de documentación xustificativa por parte do licitador proposto, informe xurídico de comprobación da mesma emitido en data 27 de maio de 2025 e tendo en conta a fiscalización final favorable en fase D do Sr. Interventor Xeral do Concello de Sanxenxo emitida en data 9 de xuño de 2025, esta Presidencia no uso das súas atribucións delegadas do consello de administración, RESOLVE: - Adxudicar o contrato limpeza de aseos en praias de Sanxenxo 2025, expediente 4/2025, conforme ó Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, ó Proxecto Técnico que rexe esta Contratación, á oferta presentada polo adxudicatario, o informe técnico de valoración emitido pola técnica redactora do PPT, á documentación xustificativa presentada e informada xuridicamente con carácter positivo e á fiscalización favorable da Intervención Xeral en Fase D, á mercantil GESTCONVERT, S.L. polo importe de 59.700 € (cincuenta e nove mil setecentos euros) máis IVE 12.537€ (doce mil cincocentos trinta e sete euros ) o que suma un total de 72.237 euros (setenta e dous mil douscentos trinta e sete euros) pola duración de un (1) ano de contrato. - Proceder a comunicar aos servizos administrativos a devandita resolución para a publicación da mesma no perfil do contratante e á sinatura do devandito contrato.
Fecha adjudicación
10/06/2025
Importe
72.237,00 € - Baja (-1%)
Importe sin impuestos
59.700,00 € - Baja (-1%)
Identificador contrato
4 2025