Adjudicado: 2º.- Adxudicación da contratación da obra incluída no POS+2019: Acondicionamento pavimentos e
instalacións rúas Fontán.
1º.- Declarar válida a licitación por procedemento aberto simplificado das obras de Acondicionamento de
pavimentos e instalación nas rúas de Fontán, incluídas no POS+2019.
2º.- Dar por non xustificadas as ofertas económicas incursas en valores anormais das empresas Mecano Obras y
Reformas SL, por importe de 83.299,54 €, e por SYR-AMG S.L., co CIF B15938780, por importe de 96.371,22
€, por non achegar a documentación establecida na cláusula 15.4.4 do PCAP que rixe a contratación así como o
informe técnico desfavorable emitido que conclúe que as empresas non xustifican axeitadamente o prezo
ofrecido pola obra.
3º.- Adxudicar o contrato das obras de Acondicionamento de pavimentos e instalación nas rúas de Fontán,
incluídas no POS+2019, a empresa non incursa en baixa anormal, Excavaciones y Obras Marcos S.L., co CIF
B70093539, no prezo total de noventa e seis mil quinientos trinta e nove euros con sesenta e seis céntimos (Prezo estimado: 79,784,84 €, IVE: 16.754,82 €, Total: 96.539,66 €).
4º.- Dispoñer o gasto con cargo a aplicación orzamentaria 1532 61900 2019 2 16 6 1 do Presuposto municipal.
5º.- Notificar electronicamente este acordo ao adxudicatario e requirilo para que concorra a formalizar o contrato en documento administrativo na data e hora que estableza a Alcaldía, dentro do prazo que establece o artigo 153.3, parágrafo 3º, da Lei de Contratos do Sector Público.
6º.- Notificar aos restantes licitadores e publicar esta adxudicación mediante anuncio no Perfil de contratante, e publicar no mesmo medio a formalización do contrato.
7º.- Formalizado o contrato, o contratista deberá presentar o programa de traballo, o plan de xestión de residuos e o plan de seguridade e saúde da obra, axustado ao estudo de seguridade e saúde do proxecto, para a súa
aprobación pola Alcaldía, previo informe da coordinación de seguridade e saúde, e a súa posterior comunicación á autoridade laboral, tras o cal procederase á comprobación do trazado de planta e inicio da obra>>.
Fecha adjudicación
04/06/2020
Importe
96.539,66 € - Baja (-31%)
Importe sin impuestos
79.784,84 € - Baja (-31%)