Formalizado: PRIMEIRA. JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S.A. comprométese á realización das seguintes prestacións: “Pavimentación dos camiños de A Ferrería - Pielas - O Batán - A Cernada e Quintiá - Límite TM a Capela (Naraío)” con arranxo ao prego de cláusulas administrativas particulares e ao prego de prescricións técnicas, que figuran no expediente, documentos contractuais que acepta incondicionalmente e sen reserva algunha e do que deixa constancia asinando neste acto a súa conformidade nel.
SEGUNDA. O prezo do contrato:
ADXUDICATARIO PREZO
JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S.A. 55.000,00 + 11.550,00 € = 66.550,00 €
TERCEIRA. O prazo de execución do contrato é de 66.550,00 €, contados desde o día seguinte ao da firma da acta de replanteo.
CUARTO. JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S.A. presta a súa conformidade ao Prego de Condicións que é ocumento contractual, asinándoo neste acto e sométese, para cando non se atope nel establecido aos preceptos da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, ao Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e ao Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Así mesmo, o presente contrato sométese á normativa nacional e da Unión Europea en materia de protección de datos. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado.
Fecha adjudicación
29/08/2025
Importe
66.550,00 € - Baja (-6%)
Importe sin impuestos
55.000,00 € - Baja (-6%)
Identificador contrato
390/2025