Formalizado: CLÁUSULAS
PRIMEIRA. JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S.A. comprométese á realización das seguintes prestacións: “Pavimentación dos Camiños de Vilanova (Lamas), O Chao - A Laxe (Lamas) e Barcia - Os Foxos (Naraío)”, con arranxo ao prego de cláusulas administrativas particulares e ao prego de prescricións técnicas, que figuran no expediente, documentos contractuais
que acepta incondicionalmente e sen reserva algunha e do que deixa constancia asinando neste acto a súa conformidade nel.
SEGUNDA. O prezo do contrato:
ADXUDICATARIO PREZO
JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS
CONSTRUCCIONES S,A
35.193,14 + IVE 7.390,56 € = 42.583,70
€
TERCEIRA. O prazo de execución do contrato é de 4 MESES, contados desde o día seguinte ao da firma do presente contrato.
CUARTO. JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S,A presta a súa conformidade
ao Prego de Condicións que é documento contractual, asinándoo neste acto e sométese, para cando non se atope nel establecido aos preceptos da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, ao Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e ao Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Así mesmo, o presente contrato sométese á normativa nacional e da Unión Europea en materia de protección de datos. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado.
QUINTO. JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S.A. comprométese a executar a obra de acordo cos condicionantes contidos na autorización sectorial emitida pola Axencia Galega de Infraestructuras e a depositar a fianza que a mesma acarrea
Fecha adjudicación
17/06/2025
Importe
42.583,70 € - Baja (-6%)
Importe sin impuestos
35.193,14 € - Baja (-6%)
Identificador contrato
95/2025